Definición da materia
Programa
Calendario de exames
Horarios
Bibliografía
Recursos web




 

 


ESTRUCTURA DO SISTEMA AUDIOVISUAL DE GALICIA >> DEFINICIÓN DA MATERIA

Co paso dos tempos, o sector audiovisual adaptouse constantemente ás estratexias empresariais. Desde o primeiro momento foi necesario crear unha infraestructura de producción, distribución e exhibición, entendendo que cada unha destas etapas no proceso audiovisual inclúen no seu interior complexos sistemas de traballo que conforman o que denominamos sistema audiovisual.

Este mesmo esquema trasladouse á televisión, aínda que con certas variacións. Apareceu un novo soporte de comunicación, o que provocou que cada unha destas etapas, especialmente a distribución e a exhibición, adquirisen unha dimensión descoñecida ata o de agora. Na televisión, a distribución non se fai xa como obra unida que vai desde o productor ou propietario dos dereitos ó responsable da exhibición. O distribuidor vende pases de cada película nunhas determinadas condicións (idioma, horarios, interrupcións publicitarias), .... e o exhibidor convértese na canle de televisión que ten asumir o audiovisual como un elemento incluído dentro dunha grella de programación. A televisión fundamenta boa parte dos seus principios na formación, a información e o entretemento e dependendo de cada unha delas, a propia canle pódese converter en productora, distribuidora/exhibidora (coma é o caso dos informativos), en simplemente exhibidora (coma cando é o caso da emisión de películas mercadas a terceiros), productora e distribuidora (por exemplo no caso da venta de dereitos de coproducción), etc., ....

Deste mesmo xeito, a chegada dos novos elementos que se basean no dixital de seguro que provocará cambios na estrucutra dos sistemas audiovisuais de cada comunidade.

Tal e como sinala o profesor Ramón Zallo, cada comunidade necesita un sistema audiovisual propio. Seguindo coas estratexias propias de cada cultura, é capaz de reforzar ou eliminar os distintos aspectos dunha estructura que é básica na consolidación cultural dunha comunidade. Existen moitas estratexias políticas, empresariais, creativas, ... que son as que definen a singularidade de cada comunidade, creando así a gran diversidade na que vivimos. Se ben, non se debe obviar que existen estratexias e sistemas de carácter global (coma pode ser o caso das Majors) que teñen o seu éxito, por suposto, pero que non son exclusivos.

Pereira | Investigación | Docencia | Recursos |Lista de distribución| Mapa do sitio | Bestiario | E-mail
(c) Xosé Pereira Fariña, 2003