Definición da materia
Programa
Calendario de exames
Horarios
Bibliografía
Recursos web





Descargas
Para poder imprimir cada un dos temas precisas de adobe Acrobat que podes descargalo gratuitamente na páxina web de Adobe.com

 

 


COMUNICACIÓN E INFORMACIÓN ESCRITA>> PROGRAMA

O temario da materia é o seguinte

1. Elementos da cultura xornalística: o sistema comunicativo e a industria cultural.
. O ecosistema informativo galego. Prensa, axencias, radio, televisión e novos medios.
. Teorías do discurso: dos medios <espello> e dos medios como constructores do <real>.
2. A redacción periodística hoxe.
. Os periodistas e a súa actividade.
. Ética e deontoloxía periodística.
. O segredo profesional.
. Normas de obrigado cumprimento: os libros de estilo.
3. A noticia: en busca dunha definición actual.
. Cómo nacen as noticias.
. Valores noticia ou criterios de noticiabilidade.
. Tipos de noticias.
4. Compoñentes da noticia.
. Os <topoi> e a <lei do interese decrecente>.
. Estructura das noticias.
. A redacción do texto por parte do profesional.
5. O lid.
. Funcións e definición.
. Orixe histórica e proxección actual.
. Tipoloxías.
. Normas para redactar un bo lid.
. Claves para diferencia-lo lid da entradiña.
6. O corpo da noticia.
. A articulación de cada unidade informativa.
. A noticia tipo: comezo-desenvolvemento ou explicación-contextualización ou background.
. Unicidade e multiplicidade na noticia: a cuestión dos subtemas.
7. Titulación.
. Orixe e funcións.
. A cabeza de titulación e os seus elementos.
. Clasificación segundo os contidos e a partir da variante gráfica.
. Estilos e técnicas de titulación.
. Consellos para unha boa titulación.
8. Fontes informativas.
. Definición e clasificación.
. Localización, usos e atribución.
. Recollida, selección e verificación: o paradigma das tres fontes.
. A súa función na forma da mensaxe.
9. Valoración das noticias.
. Proceso de selección e <axenda temática>.
. Práctica profesional e sedimentación de rutinas.
. Organización redaccional e producción da información.
. A planificación do producto periodístico.
. Elementos para unha elección e xerarquización actual.
10. Presentación gráfica da noticia.
. A páxina e os seus elementos.
. Recursos tipográficos.
. A nova identidade da prensa.
. A identidade da información en cada soporte
11. A trama entre información, interpretación e opinión.
. Para unha tipoloxía dos textos informativos.
. Diferencias entre <news> e <views>: os exemplos do breve e do <billet>.
. O tratamento dos materiais nos medios informativos.
12. Os xéneros informativos.
. A teoría dos xéneros. Usos e funcións.
. Evolución histórica
. Criterios de clasificación
. As formas do discurso nos xéneros
. A canle como elemento diferenciador
13. A reportaxe
. Características, funcións e estructuras
. Tipoloxías
. Reportaxes obxectivas/reportaxes interpretativas
14. A entrevista
. Carácterísticas, funcións e estructuras
. O peso da subxectividade
. Entrevista informativa, creativa e con cuestionario
15. A crónica
. Características, funcións e estructuras
. A presencia do xornalista
. Criterios de clasificación
16. A opinión
. Características, funcións e estructuras
. Técnicas da exposición de ideas e xuicios valorativos
. O <billet>/solto xornalístico ou glosa e o editorial
. A columna, o artigo, o comentario e a crítica
17. O xornal como suxeito histórico.
. Variables de periodicidade, audiencias e modelos.
. O modelo informativo-interpretativo.
. O modelo popular e a súa especificidade temática, de estilo e de presentación.
. O diario local, o diario de servicios, o diario de opinión e o diario a partir da televisión.
. Xornal aberto ou por seccións.
18. A mensaxe xornalística nos medios de comunicación
. Rasgos diferenciais da Redacción periodística segundo os soportes
. Escribir para as axencias de prensa
. Escribir para a radio
. Escribir para a televisión
. Escribir para os novos soportes
19. As tecnoloxías actuais.
. Os seus elementos no xornal e nos procedementos redaccionais.
. Novas ferramentas para traballar nos xornais da sociedade dixital.
. O xornal electrónico como novo medio de comunicación.
20. Influencias das técnicas e estilos literarios no xornalismo escrito.
. Novo xornalismo e a narración de non-ficción.
. Retorno da subxectividade e a figura do escritor-columnista.
. O escritor galego como xornalista: Xulio Camba, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco-Amor, Ánxel .Fole, Álvaro Cunqueiro e Manuel Rivas.
21. O papel do periodista na sociedade actual.
. Información, interpretación do que pasa e mediación.
. A especialización, a investigación e a polivalencia
. Divulgación do coñecemento na sociedade da información
. Retos dos profesionais na sociedade da información.

Programa de prácticas
1. Análise comparativa de noticias publicadas en tres diarios para comproba-lo proceso de selección, valoración e construcción dun feito.
2. Análise de reportaxes <obxectivas> en tres diarios para comenta-las características de construcción.
3. Redacción de noticias e de repotaxes <obxectivas> (construcción do lid, corpo, titulares, atribución de fontes e presentación nos soportes).

 

Pereira | Investigación | Docencia | Recursos |Lista de distribución| Mapa do sitio | Bestiario | E-mail
(c) Xosé Pereira Fariña, 2003