Definición da materia
Programa
Calendario de exames
Horarios
Bibliografía
Recursos web





Descargas
Para poder imprimir cada un dos temas precisas de adobe Acrobat que podes descargalo gratuitamente na páxina web de Adobe.com

 

 


ESTRUCTURA DO SISTEMA AUDIOVISUAL DE GALICIA >> PROGRAMA

O temario da materia é o seguinte

1. Introducción ó sistema comunicativo. Delimitación do sistema audiovisual

2. Actores dun sistema audiovisual. Actores, creadores, axentes privados e públicos, productores, contidos e redes.

3. Lóxica do desenvolvemento dun sistema audiovisual. Relación entre actores, tipoloxías de relacións, tecnoloxía de xestión. As relacións económicas. O sistema audiovisual e a Sociedade da Información. O caso galego.

4. Modelos de negocio. A transnacionalización. A concentración do capital. O local. A neoregulación do audiovisual. A importancia do sector público. O caso galego.

5. Estructuras e modelos.Cine.Organismos Internacionales no sistema audiovisual. Políticas públicas. O financiamento. O caso galego

6. Estructuras e modelos. A Televisión. Comercio internacional de productos. A estocaxe. Estratexias da TV pública. Estratexias da TV privada. Estratexias da TV local. Modelos de regulación. O caso galego

7. Estructuras e modelos. Soportes videográfico e multimedia.Comercio internacional. Simbioses co cine e a televisión. Os mercados. O caso galego

8. As audiencias. Tendencias e territorialización. O caso galego.

 

PROGRAMA DE PRÁCTICAS

Traballo obrigatorio
Un informe sobre a lóxica do sistema audiovisual dunha comunidade. Realizarase en grupos de traballo dun máximo de 10 persoas e dun mínimo de cinco. Este traballo práctico ocupa a totalidade dos 4,5 créditos prácticos da materia e entregarase, como límite, na data prevista para o exame final.
A proposta para o traballo práctico relacionado con este tema fundaméntase no estudio da lóxica dun sistema audiovisual a escoller por cada grupo de alumnos entre catro posibilidades: o sistema audiovisual galego, o vasco, o catalán e o do estado español.
Cada grupo de alumnos deberá presentar o seu proxecto de investigación que contemple as propostas para os seguintes apartados:

a) Marco teórico
b) Hipótese de traballo
c) Metodoloxía
d) Fontes para analizar os datos
e) Conclusións nas que se establezan as tendencias previsibles para este sector.
f) Referencias bibliográficas correspondentes.

Para a realización deste traballo, que se deberá entregar por escrito e facer unha presentación en público na clase, cada un dos membros do grupo de traballo deberá indicarlle ó profesor cal vai ser a súa aportación ó informe final. A avaliación farase tendo en conta o resultado final do traballo de grupo e a calidade de cada unha das partes definidas na presentación do proxecto. En todo momento estará supervisado polo profesor quen asesorará sobre cuestión metodolóxicas, interpretación de datos e busca de fontes documentais.

Traballo voluntario
Elaboración dun estudio de caso concreto sobre unha empresa, un producto ou un sistema de comunicación, sempre relacionado co sector audiovisual. O traballo deberá ser individual, cunha extensión máxima de 10 folios e entregarase o día do exame parcial. A nota deste traballo servirá para que o alumno poida subir a súa nota final ata o máximo de 1 punto.

Pereira | Investigación | Docencia | Recursos |Lista de distribución| Mapa do sitio | Bestiario | E-mail
(c) Xosé Pereira Fariña, 2003